Bases COMPOSfoto 2016

Descargar pdf das bases 

BASES

Presentación
O Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela), convocan un concurso de fotografía dixital en relación co día Mundial do Medio Ambiente. O concurso denominarase Compos-foto.
Este desafío pretende desenvolver a creatividade dos xoves galegos implicándoos ao tempo na problemática do medio ambiente e tentando espertar un espírito crítico sobre os problemas medioambientais a nivel local e global.

Aceptación das bases
A participación no certame supón a enteira aceptación das presentes bases e condicións, así como a sumisión expresa dos participantes aos criterios empregados e as decisións interpretativas que os organizadores efectúen sobre as bases para a resolución de calquera dubida ou conflito que puidera xurdir. As cuestións non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado segundo o seu criterio.
Os premios poderán ser declarados desertos. As decisións do xurado serán inapelables

Inscrición
A inscrición formalizarase a través da páxina web oficial do concurso : http://compostelamedraenverde.blogspot.com.es/
Poderán participar no concurso todos os alumnos de Centros de Ensino regrado de calquera Concello de Galicia, nados entre 1998 e 2001.
O profesor será o encargado de cumprimentar os formularios de inscrición. Deberá completar a información antes do peche do período de inscrición. Un mesmo profesor, que se inscribirá unha única vez, poderá tutelar tantos alumnos como sexa capaz. Poderán participar no concurso todos os alumnos de Centros de Ensino regrado de calquera Concello de Galicia, nados entre 1998 e 2001.
A inscrición é obrigatoria para que posteriormente un profesor poida enviar os resultados de cada un dos seus alumnos. A data límite de envío dos traballos é o 13 de maio de 2016.

Proba
Só se aceptará unha fotografía por equipo.
Os convocantes resérvanse o dereito de requirir os orixinais a calquera dos participantes, en calquera etapa do proceso, de xeito aleatorio, para corroborar os datos. A non remisión dos datos requiridos no prazo que se indique implicará a automática descualificación do equipo.
A temática será calquera relacionada con Medio Ambiente.
Non se admitirán fotografías que conteñan elementos difamatorios ou degradantes.
A persoa que deberá remitir os traballos é o profesor.

Obxectivo
Cada alumno, titorado polo seu profesor, deberá fotografar ou crear unha montaxe fotográfica que se axuste á temática do concurso. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos. O formato da fotografía será JPG. O tamaño máximo das fotografías será de 10 megabytes.
Poderase participar con calquera dispositivo que permita tomar fotografías dixitais
A valoración dos traballos establecerase en relación á creatividade, a orixinalidade, a calidade e beleza do traballo así como o grao de vinculación coa temática do concurso e o tratamento que se faga da mesma.
O xurado estará composto por representantes do Concello de Santiago, do Ibader (USC) e de Ferrovial Servicios.

Preparación e envío dos traballos
A entrega dos traballos realizarase a través de correo electrónico. Os orixinais deberán ser remitidos ao seguinte enderezo: (composfoto2016@gmail.com).
O envío debera efectuarse obrigatoriamente dende a dirección de correo electrónico coa que se inscribiu o profesor. O profesor enviará un correo por cada un dos alumnos participantes, indicando no asunto unicamente as iniciais do nome completo e apelidos do alumno (no caso de coincidencia de dous nomes de arquivo, engadir un numero despois das iniciais).
O correo incluirá como arquivo adxunto a fotografía elaborado polo alumno. O arquivo da fotografía nomearase co código dirección do e-mail do profesor seguido das iniciais do nome completo e apelidos do alumno.
Por exemplo, o traballo do alumno Juan Luis Perez Castro titorado polo profesor Isidro López (e-mail: isidrolopez@edu.xunta.es), nomearase: isidrolopez@edu.xunta.es_JLPC.
O envío de arquivos baleiros ou incompletos ou que non se axusten as instrucións reflectidas nestas bases será motivo de descualificación.
Ao remitir os traballos, os participantes ceden ao Concello de Santiago de Compostela o dereito de uso daqueles para calquera obxectivo e medio de comunicación, incluído, sen límite algún, os de publicación, adaptación, distribución, reprodución, emisión, cambio, edición, modificación, comunicación pública, procesado, revisión, corrección, tradución e explotación. Os participantes tamén ceden á entidade organizadora o dereito de cesión ou licenza a terceiros

Desenvolvemento do concurso e puntuación

O traballo será único para cada alumno participante, de modo que a puntuación e a clasificación realizarase en base ao mesmo. A clasificación dos traballos realizarase tras o resultado das valoracións das fotografías.
Os convocantes do concurso velarán polo firme cumprimento das normas de participación. Ante unha posible irregularidade, como a sospeita dunha elaboración ilexítima dos traballos, a organización solicitará ao equipo información para a súa comprobación. Transmitiráselle a posible confirmación das sospeitas para que poidan dar a coñecer a súa posición ao respecto. A comunicación farase a través do profesor responsable. Nun prazo de 5 días hábiles deberá transmitir á organización a súa explicación do ocorrido.
Os convocantes do concurso, a tenor da explicación que facilite o equipo e as circunstancias do caso, poderá a súa posible descualificación do Concurso. A non remisión dos datos requiridos no prazo que se indique implicará a automática descualificación do equipo. A organización resérvase o dereito a descualificar, a decisión propia, a calquera persoa que determine este tratando de manipular o proceso de participación ou o funcionamento do Concurso, ou cuxos actos infrinxan as presentes bases, demostren pouca deportividade ou resulten prexudiciais.
No caso de producirse un empate na nota final a organización resolverá considerando os criterios técnicos máis axeitados.
Establécense catro premios aos mellores equipos, dous dos cales entregaranse as dúas mellores puntuacións entre os equipos pertencentes a centros do Concello de Santiago de Compostela e outros dous aos mellores equipos do resto de concellos de Galicia.

Premios
Establécense catro premios aos mellores equipos, dous dos cales entregaranse as dúas mellores puntuacións entre os alumnos pertencentes a centros do Concello de Santiago de Compostela e outros dous aos mellores traballos de todos os concellos de Galicia.
Unha vez resolto o concurso, a organización porase en contacto co profesor encargado dos traballos premiados e este encargaranse de contactar cos pais dos alumnos a fin de obter a súa autorización para a difusión dos seus nomes como gañadores do concurso.
mios consistirán en en dúas cámaras (unha para o alumno e outra para o profesor) modelo GoPro Hero 4 Black Edition ou de similares características, valorada en 400 euros. En calquera caso, só se concederá un premio por profesor.
Celebrarase unha cerimonia de entrega de premios no Concello de Santiago, a cal poderán asistir todos os equipos participantes que o desexen. Antes da finalización do concurso determinarase a data e lugar de celebración do acto de entrega de premios. A organización comunicará, con suficiente antelación, aos gañadores o lugar e data da entrega de premios.
A organización non se fará cargo, en ningún caso, do custe de desprazamento de cada equipo ao lugar de entrega de premios.