Bases COMPOS 3d 2016


Descargar pdf das bases

BASES 

Presentación
O Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela), convocan un concurso de Modelado 3D en relación co día Mundial do Medio Ambiente. O concurso denominarase Compos 3d.
Este desafío pretende achegar aos xoves galegos aos novos métodos de modelado 3D emerxentes a partir de fotografías, empregando instrumentos tan familiares como un teléfono móbil, una tablet, ou un ordenador. O concurso de modelado 3D de precisión (COMPOS 3D) é un proxecto pedagóxico orientado a promover a capacidade tecnolóxica e artística da xente nova, incidindo na educación nos valores medioambientais.

Aceptación das bases
A participación no certame supón a enteira aceptación das presentes bases e condicións, así como a sumisión expresa dos participantes aos criterios empregados e as decisións interpretativas que os organizadores efectúen sobre as bases para a resolución de calquera dubida ou conflito que puidera xurdir.

Inscrición
A inscrición formalizarase directamente a través da páxina web oficial do concurso http://compostelamedraenverde.blogspot.com.es/.
A inscrición a formalizará unicamente o profesor, o cal introducirá nun formulario o seu nome completo, e-mail, URL, localidade e Concello do seu centro educativo. O período para realizar a inscrición abrangue dende o día 1 de febreiro ata o día 2 de maio de 2016. Unha vez formalizada a inscrición, enviaráselle un titorial do software 123D Catch (http://www.123dapp.com/catch) que se empregará no concurso. Recoméndase formalizar a inscrición e comezar o traballo o antes posible.
Un mesmo profesor, que se inscribirá unha única vez, poderá tutelar tantos alumnos como sexa capaz. Poderán participar no concurso todos os alumnos de Centros de Ensino regrado de calquera Concello de Galicia, nados entre 1998 e 2001.
A inscrición é obrigatoria para que posteriormente un profesor poida enviar os resultados de cada un dos seus alumnos. A data límite de envío dos traballos é o 13 de maio de 2016.

Proba
A temática será calquera relacionada co Medio Ambiente.
Só se aceptará un traballo por alumno.
Os convocantes resérvanse o dereito de requirir os modelos 3D a calquera dos participantes, en calquera etapa do proceso, de xeito aleatorio, para corroborar os datos. Requirírase o modelo 3D a todos os premiados para comprobar os resultados. A non remisión dos datos requiridos no prazo que se indique implicará a automática descualificación do equipo.
Non se admitirán modelos que representen elementos bélicos, que conteñan elementos difamatorios ou degradantes.

Obxectivo
Cada alumno, titorado polo seu profesor, deberá elixir calquera obxecto do seu entorno e deberá realizar o modelo 3d virtual do conxunto co software gratuíto 123D Catch . Ademais, debera crear un vídeo do modelo que se xerará dende o propio programa 123D Catch de forma automática, e que poderá ser posteriormente editado si se desexa. O formato do vídeo será o que xera por defecto o programa ou calquera outro soportado por youtube. A duración máxima do vídeo será de 30 segundos e o seu tamaño máximo sen comprimir de 10 megabytes. Enviaranse, polo tanto, dous traballos de cada alumno: o modelo 3D e o vídeo do modelo 3D.
Todos os modelos 3D entregados teñen que incluír o logotipo da organización nunha zona visible. O logotipo poderá descargarse dende a páxina oficial, http://compostelamedraenverde.blogspot.com.es/. O logotipo, deberá imprimirse e posicionarse na escena antes da realización das fotografías.
A valoración dos traballos establecerase en relación á creatividade, a orixinalidade, a calidade e beleza do traballo así como o grao de vinculación coa temática do concurso e o tratamento que se faga da mesma.
O xurado estará composto por representantes do do Concello de Santiago de Compostela, do Ibader (USC) e de Ferrovial Servicios.

Preparación e envío dos traballos
A entrega dos traballos realizarase a través de correo electrónico. Os orixinais deberán ser remitidos ao seguinte enderezo: compos3d2016@gmail.com.
O envío debera efectuarse obrigatoriamente dende a dirección de correo electrónico coa que se inscribiu o profesor. O profesor enviará un correo por cada un dos alumnos participantes, indicando no asunto unicamente as iniciais do nome completo e apelidos do alumno (no caso de coincidencia de dous nomes de arquivo, engadir un numero despois das iniciais).
O correo incluirá como arquivo adxunto o vídeo elaborado polo alumno. O corpo do correo unicamente conterá un enlace a ao arquivo que se describe a continuación a través dalgún sistema de envío de arquivos: Google Drive, Dropbox, OneDrive, WeTransfer, etc.
O devandito arquivo consistirá nun arquivo ZIP o RAR co modelo 3D feito polo alumno co seguinte contido:
Arquivo 3DP definitivo empregado para facer o vídeo do modelo, e preciso comprobar ben que o arquivo 3DP conten toda a información solicitada antes de envialo.
Carpeta asociada ao 3DP co seu contido. Esta carpeta aparece na mesma ubicación que o arquivo 3DP e ten o mesmo nome.
Tanto o vídeo como o arquivo RAR/ZIP nomearase co código dirección do e-mail do profesor seguido das iniciais do nome completo e apelidos do alumno. Por exemplo, o traballo do alumno Juan Luis Perez Castro titorado polo profesor Isidro López (e-mail: isidrolopez@edu.xunta.es) nomearase: isidrolopez@edu.xunta.es_JLPC.rar.
O envío de enlaces rotos, arquivos baleiros ou incompletos ou que non se axusten as instrucións reflectidas nestas bases será motivo de descualificación.

Desenvolvemento do concurso e puntuación
O traballo será único para cada alumno participante, de modo que a puntuación e a clasificación realizarase en base ao mesmo. A clasificación realizarase tras o resultado das valoracións dos modelos e dos vídeos.
Os convocantes do concurso velará polo firme cumprimento das normas de participación. Ante unha posible irregularidade, como a sospeita dunha elaboración ilexítima dos traballos, a organización solicitará ao equipo información para a súa comprobación. Transmitiráselle a posible confirmación das sospeitas para que poidan dar a coñecer a súa posición ao respecto. A comunicación farase a través do profesor responsable. Nun prazo de 5 días hábiles deberá transmitir á organización a súa explicación do ocorrido.
Os convocantes do concurso, a tenor da explicación que facilite o equipo e as circunstancias do caso, poderá a súa posible descualificación do Concurso. A non remisión dos datos requiridos no prazo que se indique implicará a automática descualificación do equipo. A organización resérvase o dereito a descualificar, a decisión propia, a calquera persoa que determine este tratando de manipular o proceso de participación ou o funcionamento do Concurso, ou cuxos actos infrinxan as presentes bases, demostren pouca deportividade ou resulten prexudiciais.
As cuestións non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado segundo o seu propio criterio. A decisión do xurado será inapelable.
No caso de producirse un empate na nota final a organización resolverá considerando os criterios técnicos máis axeitados.

Premios
Establécense catro premios aos mellores equipos, dous dos cales entregaranse as dúas mellores puntuacións entre os equipos pertencentes a centros do Concello de Santiago de Compostela e outros dous aos mellores equipos dos centros de todos os concellos de Galicia. Ademais, establécense dous premios para os centros educativos que acaden unha maior puntuación, sumando as puntuacións dos equipos adscritos aos mesmos. Adxudicarase un premio ao centro que acade a maior puntuación entre os pertencentes ao Concello de Santiago e outro premio entre os mellores de todos os concellos de Galicia.
Unha vez resolto o concurso, a organización porase en contacto co profesor encargado dos traballos premiados e este encargaranse de contactar cos pais dos alumnos a fin de obter a súa autorización para a difusión dos seus nomes como gañadores do concurso.
Os premios para os centros, consitiran nunha impresora 3D, modelo Bq Prusa i3 Hephestos ou similar valorada en 450 euros.
Os premios para os equipos consistiran en dúas tablets (unha para o alumno e outra para o profesor- en calquera caso, só se concederá un premio por profesor-) modelo Apple iPad Air (Wi-Fi + tarxeta teléfono) 32 GB (Apple iOS 7, A7, 9.7" IPS TFT, retroiluminación LED , 469 g ) ou similar valorada en 550 euros.
Celebrarase unha cerimonia de entrega de premios no Concello de Santiago, a cal poderán asistir todos os equipos participantes que o desexen. Antes da finalización do concurso determinarase a data e lugar de celebración do acto de entrega de premios. A organización comunicará, con suficiente antelación, aos gañadores o lugar e data da entrega de premios.

A organización non se fará cargo, en ningún caso, do custe de desprazamento de cada equipo ao lugar de entrega de premios.